Noticias

Cortes de tráfico en Ourense pola carreira Oira–Santomé este domingo

A carreira popular Oira – San Tomé, pertencente ao circuíto Correndo por Ourense, obrigará a realizar cortes e restricións de tráfico na cidade este domingo, 29 de xuño, durante a mañá.

A proba está organizada polo Consello Municipal de Deportes e dará comezo ás 10.00 horas, con saída desde Oira.

Cortes de tráfico en Ourense pola carreira Oira–Santomé este domingo

O percorrido levará aos corredores pola pasarela de Oira, pasarela do río Loña, Parque Loña, Ponte da Loña, estrada de Mende, IES de Mende, Verea Vella e Santomé, regresando a Oira polo mesmo itinerario. Debido a isto, o dispositivo de tráfico afectará especialmente a partir das 10.00 horas.

Cortes de tráfico en Ourense pola carreira Oira–Santomé este domingo

Os principais cortes produciranse na rúa de Mende, desde a rúa dos Laranxos até Alfonso Rodríguez Castelao, así como na rúa de Santomé ata o cruzamento coa estrada a Pereira (Castro de Santomé).

Ademais, os autobuses urbanos da liña 9 (Mende – Residencia) verán alterado o seu percorrido. Entre as 10.00 e as 12.30 horas, farán cabeceira na estrada de Ponferrada, á altura da rotonda da rúa da Rabaza.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.