Deportes

Ourense Atletismo brilla con 13 medallas no Campionato Galego

O Ourense Atletismo tivo unha actuación destacada no Campionato de Galicia absoluto de atletismo, celebrado en Santiago de Compostela, logrando un total de trece medallas.

A xornada, cunha climatoloxía calorosa que favoreceu as probas explosivas pero dificultou as de fondo, non foi impedimento para que o equipo ourensán brillase a gran nivel.

Ourense Atletismo brilla con 13 medallas no Campionato Galego

O club acada sete ouros, tres pratas e tres bronces nunha xornada marcada pola calor en Santiago.

Ourense Atletismo brilla con 13 medallas no Campionato Galego
Foto: Club Ourense Atletismo

Das trece medallas conseguidas, sete foron de ouro, tres de prata e outras tres de bronce, destacando especialmente os dobretes acadados nas probas de 5.000 metros e no salto con pértega.

7 Medallas de ouro:

  • Icía Ares Betanzos proclamouse campioa galega nos 5.000 marcha cun tempo de 25:29.09.
  • Sabela Castelo López dominou nos 5.000 metros lisos con 16:52.95.
  • Blanca Pereira Rubín lanzou o martelo ata os 60.64 metros.
  • Manuela Blanco Miguélez impúxose no salto con pértega con 3.80 metros.
  • Yiset Magali Jiménez Chaguendo conquistou a xavelina cun lanzamento de 57.18 metros.
  • Iria Solera Movilla venceu no salto de altura cun rexistro de 1.70 metros.
  • O relevo 4×100 feminino formado por Ana Nóvoa, Arancha Vázquez, Laura Freire e África Gómez parou o cronómetro en 49.02 segundos.

3 Medallas de prata:

  • Itziar Manso Heras foi segunda nos 5.000 metros cun tempo de 17:56.50.
  • Alba Martínez Iglesias obtivo a prata no triplo salto con 12.45 metros.
  • Arancha Vázquez Quiroga acadou o segundo posto nos 100 metros lisos cun tempo de 12.54 segundos.

3 Medallas de bronce:

  • Aitana Capeáns Rey logrou o terceiro posto en peso grazas a un único intento válido de 11.67 metros.
  • Paula Carrión Álvarez acompañou a Manuela Blanco no podio da pértega cun salto de 3.15 metros.
  • África Gómez Ramos completou os podios cun bronce nos 200 metros lisos cun tempo de 25.43 segundos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.