Noticias

Corte de tráfico pola celebración das festas de Cabeza de Vaca

As festas patronais de Cabeza de Vaca obrigarán ao peche ao tráfico da rúa Castelo Ramiro esta semana.

Segundo informa a Policía Local do Concello de Ourense, a circulación permanecerá cortada desde a rúa Enxido até a estrada de Piñor os días xoves 10 e venres 11 de xullo, a partir das 17:15 horas, e ata que rematen as actuacións musicais e se desmonten os palcos.

Corte de tráfico pola celebración das festas de Cabeza de Vaca

Como vías alternativas, o tráfico que veña da estrada de Piñor poderá circular pola rúa Cabeza de Vaca, mentres que o que acceda desde Castelo Ramiro poderá desviarse pola rúa Enxido.

Corte de tráfico pola celebración das festas de Cabeza de Vaca

Así mesmo, a rúa Gramalleira quedará habilitada para as persoas residentes na zona.

A Policía Local recomenda planificar os desprazamentos con antelación para evitar retencións e agradece a colaboración da cidadanía durante os festexos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.