Noticias

Natalia González critica o apoio do PP aos orzamentos de DO

O respaldo do Partido Popular aos orzamentos municipais promovidos por Gonzalo Pérez Jácome non colleu por sorpresa ao PSdeG de Ourense.

Así o asegurou este xoves a voceira socialista, Natalia González Benéitez, quen lamentou “a hipocrisía política” dos populares ao apoiar unhas contas “coas cartas marcadas desde hai meses” a cambio da introdución dalgunhas propostas propias.

Natalia González critica o apoio do PP aos orzamentos de DO

A voceira socialista Natalia González denuncia que o pacto PP-DO exclúe temas clave para Ourense como vivenda, igualdade ou termalismo.

Natalia González critica o apoio do PP aos orzamentos de DO

A veciñanza está a ser enganada. Están a vender fume cos cartos de todas e todos”, denunciou González, que tamén exerce como secretaria xeral dos socialistas na cidade. Ao seu xuízo, o pacto entre Democracia Ourensana e o PP segue sen dar resposta a asuntos fundamentais para o futuro da cidade, como a vivenda, a igualdade, o termalismo ou o papel da mocidade.

A portavoz do PSdeG insistiu en que os orzamentos non contan co seu apoio porque “non serven aos intereses reais das persoas” e defendeu as emendas presentadas polo seu grupo municipal, que considera que “mellorarían significativamente as contas para 2025”.

Publicaciones relacionadas

González concluíu criticando o papel do PP, ao que acusou de actuar como “o doutor Jekyll e mister Hyde, apuntalando ao alcalde mentres o critican cando as súas promesas non se executan”. Tamén lamentou que os populares se limiten a “ser útiles para manter a Jácome no poder ata final de mandato”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.