Noticias

O PSdeG vota en contra do orzamento de Jácome e PP

A portavoz do grupo municipal socialista no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez, anunciou esta mañá no pleno extraordinario o voto en contra do PSdeG ao orzamento municipal para o ano 2025.

A concelleira xustificou a decisión pola “falta de planificación” e polos continuos “parches” aos que recorre o goberno local, encabezado por Gonzalo Pérez Jácome, que contou nesta ocasión co apoio do Partido Popular.

O PSdeG vota en contra do orzamento de Jácome e PP

Levamos case seis anos sen un orzamento en vigor. Seis anos de goberno en solitario de Democracia Ourensana, pero tamén en bipartito co PP. Bipartito que hoxe se consuma novamente”, declarou González.

O PSdeG vota en contra do orzamento de Jácome e PP

Advertiu a voceira que esta situación volverá desembocar en modificacións de crédito “constantes” e nunha xestión municipal “a salto de mata”.

A portavoz socialista puxo en dúbida a capacidade do orzamento para mellorar a vida da veciñanza, tendo en conta que o Concello “nin sequera é capaz de pagar parte dos soldos ás súas traballadoras e traballadores”. Ademais, denunciou que entidades do terceiro sector levan “ata tres anos sen cobrar os convenios que lles corresponden”, dificultando así a planificación dos seus servizos.

Durante a súa intervención, González tamén fixo balance das achegas do seu grupo ao documento. Entre elas figuran 26 emendas que buscaban reforzar partidas clave como Benestar Social, Igualdade, Cultura, Termalismo ou apoio ao comercio local. “Non bloqueamos nada. Presentamos alternativas perfectamente viables, pero pasaronlles o rodillo sen máis”, lamentou.

Criticou con dureza que a única resposta ante os problemas sociais sexa unha modificación de crédito aprobada “para facer apaños e parches” en lugar de contemplar esas necesidades xa no orzamento. “Non é normal que tras cinco anos haxa entidades que sigan sen cobrar nin se dea resposta a máis de 225 solicitudes de emerxencia social pendentes”, subliñou.

Tamén fixo referencia ás recentes polémicas sobre o termalismo. Asegurou que “agora están moi interesados, tamén no PP, pero deixárono esmorecer entre todos nos últimos anos”. E ironizou coa postura dos populares, que “son útiles, si, pero para Gonzalo Pérez Jácome, non para a cidade”.

González pechou a súa intervención acusando de “cinismo” ao Partido Popular por apoiar o orzamento e desentenderse da súa execución. “Nós non nos esconderemos cando non se cumpran os compromisos coas veciñas e veciños. Seguiremos traballando polo ben común” sinalou González.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.