Entrevistas

«Ourense Mellor» fala sobre os incendios forestais en Ourense

A provincia de Ourense enfróntase a unha das peores campañas de incendios forestais dos últimos anos, cun impacto devastador sobre o medio natural, as aldeas e a economía local.

Oscar Paradelo, colaborador de «Ourense Mellor», analiza nesta entrevista as causas que alimentan o lume, as medidas que considera prioritarias para previlo e o papel que deben asumir cidadanía, administracións e sector forestal para frear esta crise.

Ourense en chamas: voces contra o avance do lume

"Ourense Mellor" fala sobre os incendios forestais en Ourense

Que factores naturais e humanos están detrás da maioría dos lumes que afectan aos nosos montes?

Pois ben, respecto aos motivos, factores naturais poden existir, pero detrás do lume tamén hai factores humanos moi variados. O lume creado dende unha pelexa entre veciños, unha cabicha, ou incluso para crear máis inseguridade, porque se hai inseguridade abandonamos máis rural. Deixamos terreo libre, unha propiedade queimada perde o seu valor.

Que medidas de prevención resultan máis efectivas para reducir o risco, tanto a nivel individual como colectivo?

As políticas que temos que facer son políticas para evitar principalmente o abandono rural, políticas para que non desaparezan servizos básicos, sanitarios, educación… Se desaparece rural, desaparece ese equilibrio que había. Se non hai abandono rural, as pistas seguen estando activas e a xente pode chegar a diferentes sitios que agora non pode chegar. A día de hoxe, a Xunta está facendo todo o contrario a manter estes servizos nas nosas zonas rurais.

Como deberían actuar a poboación, as administracións públicas, as empresas forestais e as organizacións ambientais para previr e combater os lumes?

Dende a poboación civil, as veciñas ou entidades, temos que crear conciencia crítica e sinalar por un lado a responsables directos nos lumes, pero tamén aos indirectos. Non deixar de falar dos incendios en todo o ano. Esixir e seguir creando sentimento de pertenza. Un traballo de intervención social e educativa.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.