Noticias

O subdelegado do Goberno apoia aos veciños afectados polos incendios en Valdeorras

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou hoxe as zonas do Barco de Valdeorras afectadas polo incendio iniciado en Seadur-Larouco.

Santos trasladou persoalmente o apoio do Executivo á cidadanía que sofre as consecuencias das lapas.

O subdelegado do Goberno apoia aos veciños afectados polos incendios en Valdeorras

Durante a súa visita, Santos achegouse tamén á base da Unidade Militar de Emerxencias (UME) instalada no pavillón do Barco de Valdeorras. Alí agradeceu aos efectivos despregados o seu labor “esencial e decisivo” na loita contra os lumes que seguen activos en diferentes puntos da provincia.

Foto: Subdelegación do Goberno

O representante do Goberno mantén contacto directo cos alcaldes e alcaldesas dos municipios máis afectados co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades de cada poboación. Santos garantiu que o Goberno de España manterá a colaboración e a cooperación necesarias para apoiar tanto ás administracións locais como á veciñanza.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.