Eventos

A Saínza prepara unha edición histórica coa recreación de mouros e cristiáns

A programación da Romaría da Saínza foi presentada este mércores en Rairiz de Veiga. O festexo, que se celebrará os días 19, 20, 21 e 24 de setembro, contará coa tradicional recreación do combate entre mouros e cristiáns, un dos momentos máis agardados polas persoas asistentes.

A alcaldesa, Asunción Morgade, destacou este encontro como “unha das celebracións máis senlleiras da Limia e, se mo permitides, da provincia de Ourense e de toda Galicia, coa que se despiden as grandes festas do verán”.

A Saínza prepara unha edición histórica coa recreación de mouros e cristiáns

No acto tamén participaron Ana Míguez, colaboradora esencial na organización, o capitán cristián Breogán Prieto e o mouro José Antonio Bretaña, encargado de dirixir o enfrontamento.

Morgade salientou que a Saínza “achega xa 185 anos de historia” e lembrou que o pleno municipal aprobou o inicio do expediente para a súa declaración como Festa de Interese Turístico Nacional. “Animamos a todos a participar activamente para facer desta unha edición histórica”, apuntou.

O domingo 21 celebrarase a misa solemne ás 12:00 horas no Campo da Batalla, seguida da procesión e da recreación histórica do combate, prevista para as 12:45 horas. A programación inclúe ademais actividades infantís, oficios relixiosos e música con orquestras de primeiro nivel nacional.

A rexedora convidou veciñanza e visitantes a desfrutar do entorno da Carballa da Rocha e do espírito de convivencia que define a romaría: “Non hai mellor xeito de vivir A Saínza que mergullarse no seu ambiente único”.

Programa das Festas da Saínza 2025

A continuación, presentamos o programa das festas da Saínza que terán lugar do 19 ó 24 de setembro de 2025.

Xoves, 19 de setembro

  • 17:00: Xogos Infantís con monitora
  • 20:00: Actuación da orquestra LUCES DE BOHEMIA
  • 21:30: Actuación da BANDA DE GAITAS DO CONCELLO DE RAÍZ DE VEIGA.
  • 22:00: Actuación da orquestra LUCES DE BOHEMIA.
  • 00:00: II Festival Saínza Soundsape (Discomóvil Gramola).

Venres, 20 de setembro

  • 19:30: Procesión da Nosa Sra. da Mercé desde a Capela da Saínza á igrexa de San Xoán de Raíz de Veiga.
  • 20:30: Actuación da orquestra LA OLA ADN.
  • 23:45: Desfile do Exército Cristián desde a Capela da Saínza ó Castelo.
  • 00:00: XVII Edición «Noite Moura: Asalto ao Castelo» por parte dos Mouros no Campo de Batalla.
  • 00:30: Verbena coa orquestra LA OLA ADN
  • 02:00: Actuación da Discoteca Móvil Apocalipsis On Tour

Sábado, 21 de septiembre

  • 11:00: Descarga de bombas de palenque
  • 11:30: Charanga LOS TAMEGA
  • 11:30: Saída da Procesión desde a igrexa de San Xoán de Rairiz de Veiga ó Castelo da Saínza acompañada da BANDA DE GAITAS MUNICIPAL DE RAIRIZ DE VEIGA.
  • 12:00 Misa solemne
  • 12:45 GRAN COMBATE DE MOUROS E CRISTIÁNS
  • 14:00: Sesión Vermú coa Charanga LOS TAMEGA.
  • 17:00: Actuación da Charanga LOS TAMEGA.
  • 18:30: Actuación da Orquesta PANORAMA CITY.
  • 19:30: HOMENAXE a persoas destacadas na Romaría da Saínza

Martes, 24 de septiembre

  • 12:15: Procesión da Nosa Sra. da Mercé desde a Capela
  • 18:00: Actuación de ORO NEGRO.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.