Noticias

Rairiz impulsa a Saínza cara á declaración de Interese Turístico Nacional

O Concello de Rairiz de Veiga deu un paso decisivo no proceso para que a Romaría da Saínza obteña a Declaración de Festa de Interese Turístico Nacional.

A alcaldesa, Asunción Morgade, presentou o portal oficial www.romariadasainza.gal, unha ferramenta que forma parte do plan estratéxico de difusión e que busca atraer visitantes de todo o Estado.

Rairiz impulsa a Saínza cara á declaración de Interese Turístico Nacional

A nova web oficial da Romaría da Saínza reforza a súa proxección cultural e turística na antesala dos seus 185 anos de historia.

Rairiz impulsa a Saínza cara á declaración de Interese Turístico Nacional
Romaría da Saínza

Esta celebración achégase aos 185 anos de historia e coa web damos un salto cualitativo na súa promoción”, sinalou Morgade. A alcaldesa convidou a veciños e visitantes a participar activamente nesta edición para convertela en “histórica”.

Unha plataforma dixital para a tradición

O sitio web recolle a programación completa, material audiovisual e contidos sobre a orixe e evolución da festa. Ademais de servir como guía práctica para as persoas asistentes, funcionará como arquivo dixital destinado a preservar a memoria desta romaría. Esta festa xa conta co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego.

O Concello remitirá o expediente completo ao Ministerio de Industria e Turismo tras as celebracións, confiando en que a participación deste ano reforce a candidatura.

Domingo: a gran batalla de Mouros e Cristiáns

O programa central terá lugar este domingo co Gran Combate de Mouros e Cristiáns. O evento comezará ás 12:45 horas no Campo de Batalla, tras a misa solemne e a procesión. A xornada estará acompañada pola charanga Os Támega e culminará coa actuación da orquestra Panorama City, ás 18:30 e 19:45 horas.

A romaría prolongarase ata o mércores 24, cando se celebrará a procesión da Virxe da Mercé ás 12:15 horas e a música de Ouro Negro a partir das 18:00 horas no Campo da Festa.

Morgade concluíu animando a todos a vivir a festa “na contorna única da Carballa da Rocha e co espírito de convivencia que sempre definiu á Saínza”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.