A Dirección Xeral da Auga, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, deu hoxe un novo paso no proxecto de finalización do saneamento do río Barbaña e mellora da EDAR de San Cibrao das Viñas (fase II, Ourense).
A Plataforma de Contratación do Sector Público vén de anunciar a licitación das obras cun orzamento de 35.743.446,90 euros.
O Goberno licita por 35,7 millóns a mellora do saneamento do río Barbaña
O prazo de presentación das ofertas rematará o próximo 28 de outubro ás 14:00 horas.

Este proxecto, declarado de interese xeral do Estado pola Lei 22/1997, busca adaptar o sistema de saneamento do río Barbaña no contorno de San Cibrao e os seus polígonos industriais. Para iso, prevese actuar sobre a rede de colectores existente e acometer unha remodelación integral da EDAR, co obxectivo de que cumpra cos parámetros de vertido autorizados.
“O compromiso do Goberno de España queda patente nesta emblemática e necesaria obra; con todo, a colaboración das Administracións e a implicación social e empresarial son claves para evitar novos episodios de contaminación no Barbaña”, sinalou o presidente.