Noticias

Rairiz de Veiga revive a épica batalla de moros e cristiáns

Rairiz de Veiga pechou o ciclo de romarías estivais da provincia coa multitudinaria Romaría da Saínza e Nosa Señora da Mercé, unha das celebracións máis antigas e recoñecidas de Ourense.

Durante tres días, milleiros de veciños e visitantes gozaron dun programa que combina fe, tradición e festa popular.

Rairiz de Veiga revive a épica batalla de moros e cristiáns

O momento máis agardado chegou coa histórica batalla de moros e cristiáns, unha recreación que se representa de forma ininterrompida desde 1840.

Rairiz de Veiga revive a épica batalla de moros e cristiáns
Foto: Comunicación Concello de Rairiz de Veiga

A posta en escena transportou aos asistentes á época medieval, cunha coidada ambientación, vestimenta de época, sables e canóns que deron dramatismo á contenda.

A representación comezou co roubo do estandarte de Nosa Señora da Mercé por parte do bando mouro. Tras un intercambio de desafíos e o combate simbólico no Castelo da Saínza, a vitoria inclinouse do lado cristián, mantendo viva unha tradición que enche de orgullo a veciñanza.

A festa continuou cun ambiente de romaría. A sesión vermú estivo animada pola charanga verinense Los Támega. Esta formación tamén acompañou a procesión e a misa solemne, momentos de fonda devoción á Virxe da Mercé.

Foto: Comunicación Concello de Rairiz de Veiga

O peche chegou da man da orquestra Panorama, na súa versión city, que fixo vibrar ao público e puxo o broche de ouro a unha das citas máis emblemáticas do calendario festivo ourensán.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.