Noticias

O PSdeG acusa a Jácome de xustificar a suba do lixo con escusas falsas

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense denuncia que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome pretende “xustificar unha suba da taxa do lixo botándolle a culpa á normativa europea e ao Goberno do Estado”.

Así o asegurou a edil do PSdeG María Fernández, quen subliñou que “é falso”. Segundo explicou, “a normativa europea leva anos aprobada e o que realmente pide é avanzar cara á reciclaxe e á xestión sostible dos residuos, non cravar á veciñanza cunha suba desproporcionada por pura incompetencia local”.

O PSdeG acusa a Jácome de xustificar a suba do lixo con escusas falsas

Fernández, tamén secretaria de Función Pública e Xustiza do PSdeG, apuntou que o problema “non está nin en Europa nin en Madrid, senón na falta de planificación e na mala xestión municipal”.

O PSdeG acusa a Jácome de xustificar a suba do lixo con escusas falsas
María Fernández. Foto: PSdG

Criticou que Ourense leve “anos sen investir en sistemas eficaces de recollida selectiva, sen campañas de concienciación e sen modernizar o servizo”, e advertiu que “agora, como non fixeron os deberes, pásanlle a factura directamente á cidadanía”.

A socialista insistiu en que “a política ambiental non é subir taxas, é xestionar con intelixencia e responsabilidade”. Nese sentido, acusou o executivo local de “chegar tarde a todo e buscar sempre culpables alleos cando fai algo mal”.

Fernández avanzou que o PSdeG xa traballa nas alegacións á proposta de incremento das taxas. “Actualizar as taxas non pode implicar unha suba xeneralizada porque o goberno se desentenda das súas responsabilidades”, concluíu.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.