Eventos

A Valenzá celebra a II Festa de Samaín

A Valenzá celebrará o vindeiro 31 de outubro a segunda edición da Festa de Samaín, unha cita pensada para o disfrute de pequenos e maiores.

Este evento encherá de ambiente festivo a Avenida de Celanova, nun espazo pechado entre a rotonda da Familia e o Mercadona.

A Valenzá celebra a II Festa de Samaín

A partir das 18:30 horas terá lugar a festa infantil, con desfile e concurso de disfraces, ademais da actuación dos nenos e nenas da academia MVT Galicia, prevista para as 20:30 horas.

Pola noite, desde as 23:00 e ata as 03:00, a música tomará o protagonismo coa disco móbil Verbena, que porá o broche final á celebración.

Entre as novidades deste ano figura o concurso de cabazas decoradas, ademais dunha churrería dispoñible durante toda a festa. Esta edición contará co agasallo de boliños preñados ofrecidos polo Concello de Barbadás.

A organización lembra que para participar no desfile infantil e no concurso é necesario inscribirse nos establecementos organizadores.

O evento está organizado por Verbena Disco Móbil, Trans LNS, o Centro Psicoeducativo Adiante e Galiwork, coa colaboración da Libraría A Valenzá, Máis que un soño e o Concello de Barbadás.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.