As atletas do club tiveron unha destacada actuación no Optimilk Pro Cross Ponte Romana 8.0, proba incluída no calendario nacional e considerada un dos mellores cross do norte de España.
Cinco representantes competiron neste espectacular circuíto, logrando dous oros e varias posicións de mérito nas categorías inferiores e absolutas.
Dous ouros para as atletas locais no Optimilk Pro Cross Ponte Romana
A gran protagonista da xornada foi Usue Bernárdez Jares, que se proclamou campioa en categoría Sub-16, mentres que Sabela Castelo López conseguiu tamén o ouro en Sub-18 e unha notable quinta posición na categoría absoluta.

Tamén brillaron Naroa Pereira Tesouro, sétima en Sub-18 e décimo sétima en absoluta; Leyla Villar Abella, sexta en Sub-20 e décimo oitava en absoluta; e Irma Veiguela Tizón, novena en Sub-18 e vixésimo oitava na clasificación xeral.
A proba desenvolveuse nunha magnífica mañá de atletismo, con grande ambiente e unha organización que fixo do Cross Ponte Romana unha cita de referencia no calendario galego e nacional.