O espectáculo de Papá Noel no Auditorio Municipal de Ourense xa ten entradas á venda desde hoxe a través da plataforma Ataquilla, con prezos que parten dos 4 euros, e con tres pases programados para o martes 23 de decembro.
O Concello informa de que todas as persoas asistentes, sen excepción de idade, deben adquirir entrada para acceder ao evento.
Papá Noel chega ao Auditorio: entradas xa á venda
As funcións celebraranse ás 17.00 h, 18.15 h e 19.30 h, de modo que as familias poidan elixir o horario que mellor se adapte ás súas necesidades.

Papá Noel chegará ao Auditorio para compartir unha tarde máxica cos nenos e nenas de Ourense nun espectáculo único, creado e dirixido por Pablo Méndez, cun elenco formado por 15 artistas e técnicos. A proposta destacará pola súa iluminación espectacular, polos efectos especiais e por unha posta en escena pensada para converter a véspera das festas nun momento especial para o público.