O Concello de Ourense presenta unha completa programación de Nadal 2025, que arranca o 5 de decembro co encendido das luces na Alameda e o poboado navideño, unha cita que reunirá á cidadanía arredor da iluminación festiva e dun concerto da banda tributo a Joaquín Sabina.
A proposta municipal ofrece máis dun mes de espectáculos, concertos, citas tradicionais e actividades para público familiar, co obxectivo de dinamizar a cidade e favorecer a participación veciñal.
Programación de Nadal 2025 en Ourense
O primeiro fin de semana inclúe o monólogo de Ángel Martín, Somos Monos, o sábado 6 no Auditorio, con entradas dispoñibles na plataforma Ataquilla.

A música manterá o protagonismo ao longo de todo o programa, cun dos pratos fortes o 19 de decembro. Ese día terá lugar o concerto de Carlos Núñez no Auditorio. A este evento sumarase ese mesmo día a carroza musical “Los Coleguitas” entre as 19:00 e as 21:00 horas.
A chegada de Papá Noel converterase un ano máis nun dos momentos máis agardados. O sábado 20 de decembro, a cidade recibirao cun desfile que partirá do Parque de San Lázaro ás 19:00h. O mesmo finalizará na Praza Maior, onde haberá corral con renos e sesión de fotos. A partir do día 21, repetirase a tradicional neve artificial acompañada de Papá Noel en diferentes espazos e horarios.
O 23 de decembro será outra das xornadas destacadas, coa Recepción-Show de Papá Noel no Auditorio, que ofrece tres sesións (17:00, 18:15 e 19:30 h), e coa carroza musical do Trío Somoza. Tras o Nadal, a programación continúa con música en directo, entre ela as carrozas de Tetas Band (26-D), Etiqueta Negra (27-D) e Broken Peach (2-Xan.).
Auditorio de Ourense
O Auditorio acollerá tamén propostas para todos os públicos: o espectáculo infantil A Granxa de Zenón (28-D, 16 h) e o concerto Revolution Tour ABBA (28-D, 20 h). A animación infantil con TIBU terá lugar o día 30 na Praza Maior.
A tradicional San Silvestre celebrarase o 31 de decembro ás 16h, acompañada dunha carroza musical do Grupo Logia. Para a celebración de Fin de Ano estará a orquestra Kubo na Alameda, a partir da 1 da madrugada. O 1 de xaneiro recuperarase outra das citas deportivas emblemáticas: a XXXII Subida á Costiña de Canedo, ás 12:30 h, e pola tarde o Gran Concerto de Aninovo no Auditorio, con degustación e brindis final.
Galicia Magic Fest
Entre o 2 e o 4 de xaneiro, a música e a maxia centrarán a axenda, coa repetición das carrozas musicais e o Galicia Magic Fest. O broche final chegará o 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis. Esta sairá ás 18h da Estación, atravesará Progreso arredor das 18:35 h e chegará á Praza Maior preto das 19:10 h.
A programación complétase con actividades de continuidade:
- Mercado de Nadal no Parque de San Lázaro, aberto desde o 5 de decembro en horario de mañá e tarde;
- Belén de Arturo Baltar na praza de San Cosme e San Damián;
- carrusel gratuíto da Praza Maior, operativo en datas sinaladas; e
- trenecito Nadal Express, dispoñible polas tardes a partir do 21 de decembro para menores acompañados.




