Noticias

Cortes e desvíos polo acto de acendido do Nadal en Ourense

O acendido das luces de Nadal obrigará a pechar ao tráfico un treito da rúa do Progreso este venres, 5 de decembro, desde as 12:00 horas e até o remate das actividades, previsto arredor das 21:30h.

A medida afectará o tramo comprendido entre a glorieta de San Rosendo e a baixada á Praza de Abastos, un espazo que concentrará boa parte da programación festiva.

Cortes e desvíos polo acto de acendido do Nadal en Ourense

Até as 18:30 horas, os vehículos procedentes do Xardín do Posío poderán circular pola baixada ao mercado municipal e acceder a Parada Justel en dirección a Xoán XXIII.

Cortes e desvíos polo acto de acendido do Nadal en Ourense

A partir desa hora, tamén se pechará ao tráfico a rúa Parada Justel, ampliando así o perímetro de seguridade para o desenvolvemento das actividades de Nadal. Ademais, quedará prohibido o estacionamento na baixada á Praza de Abastos desde o mediodía e até o final dos actos.

Modificacións no transporte urbano

Os autobuses urbanos introducirán cambios nos seus percorridos desde as 12:00 horas.

En dirección ao Xardín do Posío, as liñas desviaranse por Xoán XXIII – Rúa Concello – Bedoya – avenida de Bos Aires – Xoán de Novoa – Pardo Bazán – Pena Trevinca.

Cara ao Parque de San Lázaro, desde as 12:00 h os buses circularán por Xardín do Posío – baixada á Praza de Abastos – Parada Justel – Progreso (con parada provisional no Inorde) – Xoán XXIII – Parque de San Lázaro.
A partir das 18:30 h, os vehículos do transporte urbano alterarán de novo o traxecto e pasarán por Xardín do Posío – Pena Trevinca – Pardo Bazán – avenida da Habana – Parque de San Lázaro.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.