Eventos

Ponte Vella activa a súa programación máis completa para Nadal

Ponte Vella convértese un ano máis nun dos principais focos de lecer do Nadal en Ourense grazas a unha programación ampla, diversa e dirixida a todos os públicos.

As actividades de decembro e primeiros de xaneiro inclúen propostas infantís, espectáculos, música en directo, deporte, encontros culturais e as visitas tradicionais de Papá Noel e Os Reis Magos.

Ponte Vella activa a súa programación máis completa para Nadal

Un dos grandes atractivos desta campaña é a pista de xeo, que funcionará ata o 19 de decembro e do 8 ao 25 de xaneiro, con horarios ampliados entre o 20 de decembro e o 7 de xaneiro.

Ponte Vella activa a súa programación máis completa para Nadal
Programación de Nadal 2025 en Ponte Vella.

Esta actividade consolidouse como unha das favoritas das familias ourensás durante estas datas.
A mocidade tamén poderá gozar da Zona Gaming, dispoñible venres, sábados e durante as vacacións en horario de tarde.

Talleres infantís e diversión con Ponti

Os talleres do Club de Ponti celebraranse venres, sábados, festivos de apertura, vésperas de festivo e durante todas as vacacións, na planta baixa, de 17:30 a 20:30 horas. A mascota Ponti animará o espazo cada sábado de 18:00 a 20:00 horas, un momento sempre moi agardado polos máis pequenos.

Papá Noel, protagonista do Nadal

Papá Noel visitará Ponte Vella os días 13, 14, 19, 20, 21, 22 e 23 de decembro entre as 17:00 e as 20:00 horas. Na mañá do día 24, de 11:00 a 14:00 horas, tamén recibirá cartas antes da súa noite máis intensa.

Charlas, espectáculos e música en directo

A programación incorpora tamén contidos culturais e divulgativos. O xoves 11 terá lugar a charla-coloquio “As N.N.T.T. desde unha mirada restaurativa”, impartida por María Otilia González.

O sábado 13, ás 18:30 horas, o mago David Maestro ofrecerá un espectáculo pensado para toda a familia. Varios grupos da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia ofrecerán un concerto o domingo 14, ás 19:30 horas.

O xoves 18 celebrarase un Encontro de Escritores con mesa redonda, presentación e sinatura de libros. A música continuará co Coro Infantil Universitario “Cuquiños” o luns 22 ás 12:00 horas e o concerto de Borja Quintela o martes 23 ás 20:00 horas.

Ajedrez e danza para pechar o mes

O domingo 21 ás 11:00 horas terá lugar o Torneo Infantil de Xadrez, unha cita que reúne cada ano a mozos de toda a cidade.
O domingo 28, desde as 11:00 horas, a escola Estilo Libre encherá de ritmo o centro comercial con varios flashmobs que dinamizarán as instalacións.

A visita dos Reis Magos

O programa pecharase coa chegada das súas Maxestades de Oriente. Os Reis Magos estarán en Ponte Vella os días 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas, para que os nenos poidan entregar persoalmente as súas cartas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.