Noticias

O Goberno aposta pola resina e a castaña para revitalizar Ourense

Eladio Santos puxo en valor o compromiso do Goberno coa dinamización do rural e a prevención de lumes a través do aproveitamento sostible dos montes da provincia de Ourense durante a presentación dos resultados do Proxecto CARES.

Este acto tivo lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñería da USC, en Lugo.

O Goberno aposta pola resina e a castaña para revitalizar Ourense

O subdelegado do Goberno en Ourense participou no acto acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López. Neste acto expuxeronse os avances dunha iniciativa estratéxica que aposta pola bioeconomía circular como ferramenta de desenvolvemento territorial e fixación de poboación.

O Goberno aposta pola resina e a castaña para revitalizar Ourense
Foto: Subdelegación do Goberno

O Proxecto CARES conta cun financiamento de 1,6 millóns de euros da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). A súa finalidade é impulsar o aproveitamento da resina e da castaña no noroeste peninsular, abrangendo Galicia, Asturias e o norte de León.

No caso da provincia de Ourense, Eladio Santos destacou o papel da Subdelegación do Goberno como axente dinamizador, que permitiu activar un proxecto piloto en Vilar de Barrio. Esta experiencia promove a produción conxunta e facilita o acceso á tecnoloxía directamente á base produtiva. As actuacións desenvolveranse nas comunidades de montes de Parada e Rebordechao. Alí se validarán modelos técnico-económicos coa resinación inicial de 4.000 pinos a partir do próximo ano, xerando tamén novo emprego no rural.

O subdelegado agradeceu a implicación de todos os axentes participantes “nunha experiencia que revive o medio rural da provincia”. Subliñou o interese social xerado, xa que no curso formativo celebrado en Vilar de Barrio participaron máis de 50 alumnos e alumnas. “Desde o Goberno impulsamos esta iniciativa porque cremos na bioeconomía circular como motor de futuro, xa que existen alternativas económicas que respectan o noso patrimonio natural”, concluíu.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.