Noticias

O Liceo recibe a máxima distinción do Concello

O Concello de Ourense entregou esta tarde ao Liceo de Ourense a Medalla de Ouro da cidade, a máxima distinción municipal, en recoñecemento á súa histórica achega cultural.

Este acto institucional celebrouse no salón de plenos, coa presenza do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, da Corporación municipal ao completo e da directiva do Liceo, encabezada polo seu presidente, Javier Casares.

O Liceo recibe a máxima distinción do Concello

A concesión responde ao acordo aprobado por unanimidade no Pleno do 7 de novembro, que recoñece o labor do Liceo no fomento da cultura, as artes e a educación, así como a súa contribución a un espírito cidadán aberto e plural. O concelleiro Armando Ojea realizou a laudatio.

Foto: Concello de Ourense

O acto, de alta solemnidade segundo o Regulamento de Honras, incluíu a recepción oficial, a lectura do acordo e a entrega da Medalla de Ouro e do pergamiño conmemorativo, seguida das intervencións do presidente do Liceo e do alcalde.

Pérez Jácome definiu a distinción como un “deber de xustiza histórica” cara a unha entidade que cualificou como “patrimonio emocional de todos os ourensáns”, subliñando que o Liceo, fundado en 1850, foi “unha fiestra á modernidade e ao pensamento crítico”. Tamén destacou o seu papel como espazo de consenso e o reto de manter no futuro unha esencia independente e plural.

Tras o acto no Concello, alcalde e Corporación desprazáronse á sede do Liceo, na rúa Lamas Carvajal, para participar nun encontro con socios e representantes institucionais organizado pola entidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.