O Concello de Ourense activa este venres, 26 de decembro, a nova configuración de mobilidade da Zona de Baixas Emisións (ZBE) Ourense Centro.
Esto implica a peonalización de varias vías céntricas para priorizar o tránsito peonil e reducir as emisións contaminantes.
Ourense activa a ZBE con novas rúas peonís
A partir desta data, algunhas das rúas máis neurálxicas da cidade restrinxirán o acceso ao tráfico motorizado, modificando de forma significativa a circulación no centro urbano.
As rúas que pasan a ser peonís son as seguintes:
- Rúa Valle Inclán, que contará con plataforma única.
- Arturo Pérez Serantes, que se converte integramente en rúa peonil.
- Avenida de Bos Aires, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e Bedoya.
- Rúa Cardeal Quevedo, desde o Parque de San Lázaro ata a avenida da Habana.
- Rúa Bedoya, no tramo entre o Parque de San Lázaro e o cruzamento con Ramón Cabanillas.
- Parque de San Lázaro, onde se peonaliza o lateral comprendido entre a rúa Concello e Bedoya, coa conseguinte reordenación das paradas de taxi e autobús.

Desde o Concello de Ourense recoméndase a residentes e condutores extremar a precaución, prestar atención á nova sinalización e consultar na páxina web municipal a información detallada sobre accesos, restricións e excepcións previstas dentro da ZBE.

