A festa de San Brais nas Curuxeiras celebrarase do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro cun programa de actos relixiosos e festivos e coa instalación dunha carpa climatizada.
Esta estrutura servirá para garantir o desenvolvemento das actividades independentemente da meteoroloxía.
As Curuxeiras celebra San Brais con carpa climatizada
A programación arrancará o venres 30 de xaneiro coa tradicional Cea de San Brais, prevista para as 21:30 horas. A xornada continuará cun ambiente festivo a partir das 23:30 horas, cando dará comezo a verbena amenizada pola Disco Móbil Show.
O sábado 31 de xaneiro comezará cedo, ás 10:00 horas, cun pasarrúas con charanga polas rúas da localidade. Xa pola tarde, desde as 19:30 horas, haberá festa e verbena coa participación da Disco Móbil Show e da orquestra Panamá, unha das formacións máis recoñecidas do panorama musical galego.
Os actos concluirán o domingo 1 de febreiro, cunha xornada marcada polo carácter relixioso e musical. Ás 13:00 horas celebrarase a misa e procesión na honra de San Brais, seguida ás 13:30 horas dunha sesión vermú coa Disco Móbil Show. Pola tarde, ás 18:00 horas, a música correrá a cargo da orquestra Compostela, que porá o broche final ás festas.


