O Sanysec-Club Ourense Atletismo participou na final autonómica do Campionato Galego de Cros Xogade, en idade escolar, cunha presenza destacada en todas as categorías, acadando bos resultados individuais e dúas posicións de top-10 por equipos.
Na categoría alevín feminina, Olivia Currás foi a mellor clasificada do club ao rematar 22ª nos 2.000 metros, cun tempo de 10:06.
o papel do Sanysec-Club Ourense no Galego de Cros escolar
Moi preto situouse India Alonso, 27ª con 10:16, mentres que Clara Mouriño pechou a participación ourensá coa 37ª posición e un rexistro de 10:33.

En alevín masculino, chegou un dos mellores resultados do campionato para o club grazas a Maeloc Barreiro, que finalizou oitavo cun tempo de 08:59. Alejandro Cid foi 48º con 10:07, seguido de Árpad Lobelle, 53º con 10:24, e Francisco Carballo, 63º con 11:12, completando así o equipo.
Na proba de infantil feminina, o Sanysec-Club Ourense Atletismo contou con dúas representantes: Noa Salgado, que rematou 55ª con 13:35, e Noa Calleja, 62ª cun tempo de 14:19. En infantil masculino, Dáviz Lobelle foi o único participante do club, completando os 2.500 metros en 12:01.
A categoría de cadete feminina, sobre unha distancia de 3.000 metros, deixou unha actuación coral. Alicia Outeiriño foi 45ª con 16:06, seguida de Naomy Jiménez, 48ª con 16:17, Lucía Losada, 50ª con 16:22, e Isabel Carrión, 58ª con 17:57. En cadete masculino, Aroi Fernández acadou a 53ª posición cun tempo de 14:29.
A nivel colectivo, o balance tamén foi positivo, xa que o club ourensán rematou 7º por equipos tanto en cadete feminina como en alevín masculino, confirmando o bo traballo de base e a progresión da súa canteira no atletismo escolar galego.

