A charanga Bandiños Band, de Bande, afronta o Entroido 2026 en Ourense cun calendario de 11 actuacións e cun repertorio renovado pensado para conectar co público.
Nesta entrevista, a formación analiza a evolución da contratación respecto a anos anteriores, a resposta da xente segundo a localidade e o equilibrio entre esforzo e compensación económica nunha das épocas máis intensas do ano para as agrupacións musicais.
Bandiños Band encara un Entroido 2026 con 11 actuacións

Como evolucionou a contratación para este Entroido 2026 en comparación con anos anteriores?
(Máis actuacións, menos, cambios nos cachés, maior competencia, etc.).
Pois a verdade agora cara o final de todo pechamos 2 de última hora entón inda foi un entroido decente pero é algo mais floxo co 2025 debido á subida de caché (pola respectiva subida de nivel da charanga tamén o hai que dicir) e quedou este 2026 en 11 actuacións, no 2024 foran 10 e no 2025 13.
Con canta antelación se pechan normalmente as datas do Entroido?
Notades diferenzas respecto doutros anos?
Pois mais ou menos coma outros anos, hai quen chama xa en setembro e logo casi todo péchase en decembro/xaneiro.
Que tipo de repertorio funciona mellor co público durante o Entroido?
En xeral os temas «carnavaleros» ademais de cumbias e merengues.
Predominan os temas actuais, clásicos, música tradicional…? Predomina o actual,por eso este ano centrámonos en montar repertorio novo.
Notades diferenzas na resposta do público segundo a localidade ou o tipo de evento?
Si cara Verín e portugal son máis festeiros viven moito o entroido pero na zona do Ribeiro ou Ourense tampouco se quedan atrás.
Como inflúe esa reacción no desenvolvemento da actuación?
Pois nos a verdad motívanos cando a xente está animada, aínda que o show facémolo igual sexa coma sexa o público.
Tendo en conta desprazamentos, número de actuacións en poucos días e desgaste físico, considerades que a compensación económica equilibra o esforzo realizado?
Pois si porque o entroido ábreche moitas portas de cara todo o ano e sempre esta o pique de facelo o mellor posible e darse a ver o máximo.
É posible vivir profesionalmente dunha charanga hoxe en día ou o Entroido segue a ser un complemento económico?
Pois depende moito de como veña cargado de festas o ano, na nosa charanga hai quen vive dela e quen a ten como complemento económico, pero temolo coma un traballo todos e queremos facelo o mellor posible para que sone ben esto.

