Noticias

O BNG denuncia falta de persoal en Servizos Sociais de Ourense

O BNG denuncia falta de persoal en Servizos Sociais de Ourense e acusa ao goberno local de rexeitar novas contratacións co apoio do PP nas Xuntas de Área celebradas este martes.

A concelleira Rhut Reza advertiu de atrasos na atención, asegurando que “o Concello xa non concede cita até o 30 de xuño”.

O BNG denuncia falta de persoal en Servizos Sociais de Ourense

Segundo explicou, o servizo pasou de sete a tres traballadoras sociais e existe unha baixa sen cubrir, o que provoca demoras de máis dun mes para a primeira cita.

O BNG denuncia falta de persoal en Servizos Sociais de Ourense
Foto: BNG

Desde o executivo local sinalan que non quedan prazas vacantes, unha postura que, segundo o BNG, tamén defende o PP. A formación nacionalista insiste en que é necesario reforzar o persoal para atender os expedientes de dependencia e os informes ligados á regularización de migrantes.

Actuacións en obras

No eido de Infraestruturas, o goberno confirmou actuacións de emerxencia na Avenida de Portugal para garantir seguridade e salubridade, e cifrou en arredor de 1,5 millóns de euros o custo das obras na rúa Pena Trevinca.

Botón volver arriba