Noticias

O PSdeG leva ao Parlamento a crise sanitaria en Verín

O PSdeG-PSOE de Ourense levará ao Parlamento de Galicia a situación da sanidade pública en Verín, que cualifica de “moi grave”, e reclama medidas urxentes para reforzar a hospitalización a domicilio, os coidados paliativos e a cardioloxía no hospital comarcal.

A deputada Carmen Rodríguez Dacosta advirte dun “deterioro claro” nestes servizos, apoiándose nas alertas de profesionais e sindicatos.

O PSdeG leva ao Parlamento a crise sanitaria en Verín

“Pasamos dun modelo estruturado a unha situación cunha única consulta de enfermaría á semana para uns 20 pacientes”, sinala sobre os paliativos.

O PSdeG leva ao Parlamento a crise sanitaria en Verín
Foto: PSdG

Tamén denuncia que a falta de cardioloxía obriga a desprazamentos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que cualifica de “inxustificables” nunha comarca envellecida como Monterrei.

O PSdeG rexistrou iniciativas no Parlamento para esixir solucións á Xunta e garantir unha atención sanitaria próxima. “Non imos permitir que se sigan perdendo servizos”, conclúe.

Botón volver arriba