Eventos

Ourense reorganiza a Festa dos Maios por mor da choiva

A Festa dos Maios de Ourense manterá este domingo, 3 de maio, toda a súa programación prevista, aínda que cun cambio de localización motivado pola previsión de choiva.

O Concello decidiu concentrar as actividades na Praza Maior e na Praza de Santa Eufemia, onde xa quedaron instaladas carpas para garantir o desenvolvemento normal dunha das celebracións máis emblemáticas do calendario festivo da cidade.

Ourense reorganiza a Festa dos Maios por mor da choiva

A disposición dos maios baixo as carpas e os soportais permitirá non só protexer as composicións e ás persoas participantes das inclemencias meteorolóxicas, senón tamén favorecer unha maior proximidade entre as diferentes creacións.

Ourense reorganiza a Festa dos Maios por mor da choiva

Desde o goberno municipal destacan que esta nova organización facilitará as interaccións entre autores e público, contribuíndo a enriquecer o ambiente festivo da xornada.

Programación dos Maios 2026

A programación arrancará ás 10:30 h cun obradoiro de confección de coroas e peiteados. Media hora despois, ás 11:00 h, abrirase a exposición dos maios que participan no concurso convocado polo Concello. Ás 11:30 h será a quenda da ruada de xigantes e cabezudos acompañada de música tradicional. A partir das 12:00 h terá lugar o tradicional canto de coplas diante do xurado.

Xa pola tarde, a actividade continuará ás 19:00 h co acto de entrega de premios e coa interpretación das mellores coplas desta edición. Como peche da festa, ás 19:30 h, o público poderá gozar do concerto de Amancio Prada, encargado de clausurar a celebración.

Botón volver arriba