Eventos

Azúcar Moreno protagonizará o OURgullo 2026 na Praza Maior de Ourense

O Concello de Ourense celebrará o Día do Orgullo 2026 cun gran espectáculo musical e de entretemento na Praza Maior o vindeiro venres, 26 de xuño, a partir das 21:30 h.

A cita, bautizada como OURgullo, reunirá música, humor, arte drag e unha sesión de DJ nun evento aberto á cidadanía.

Azúcar Moreno protagonizará o OURgullo 2026 na Praza Maior de Ourense

A gala estará presentada pola actriz e cómica Isabel Rey, coñecida polo seu personaxe de “Diva de barrio”, e contará como principal reclamo coa actuación do popular dúo Azúcar Moreno. O programa completarase cos espectáculos das artistas drag Marisa Prisa, Ainhoa, Ashley, Josefa Sacho e o dúo Ketty Pinn & Ketty Ponn, ademais dunha sesión musical para pechar a noite.

A iniciativa está promovida pola Concellería de Igualdade do Concello de Ourense co obxectivo de visibilizar e apoiar os valores que inspiran a celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que se conmemora cada ano o 28 de xuño.

Azúcar Moreno protagonizará o OURgullo 2026 na Praza Maior de Ourense

Desde o Concello sinalan que esta celebración pretende reafirmar o compromiso institucional coa defensa da igualdade real e efectiva das persoas LGTBI, así como fomentar unha convivencia baseada no respecto, a liberdade e a dignidade. O evento busca converterse nun espazo de encontro, reivindicación e celebración da diversidade.

Botón volver arriba