Noticias

A XIX Copa Galicia de Xadrez reunirá 300 xogadores en Ourense

A XIX Copa Galicia de Xadrez – Maristas Ourense 2026 / Memorial Emilio Rodríguez celebrarase este sábado, 13 de xuño, no polideportivo do colexio Maristas.

Esta competición contará cunha participación de 300 deportistas e unha asistencia prevista de preto dun milleiro de persoas entre xogadores e público.

A XIX Copa Galicia de Xadrez reunirá 300 xogadores en Ourense

O torneo contará con xadrecistas de Galicia, Castela e León e Portugal. Entre os inscritos figuran varios campións galegos, xogadores que representarán a Galicia no Campionato de España e máis de cen deportistas con ránking internacional.

A XIX Copa Galicia de Xadrez reunirá 300 xogadores en Ourense
Foto: Concello de Ourense

A competición destaca tamén polo seu carácter interxeracional, con participantes de entre 5 e 81 anos, e servirá para homenaxear a Emilio Rodríguez, exprofesor de Maristas e impulsor do torneo durante as súas primeiras edicións.

As partidas comezarán ás 16:15 h e a entrega de premios está prevista para as 20:15 h.

Botón volver arriba