Café Quijano incorpórase ao programa das Festas de Ourense 2026 cun concerto gratuíto que terá lugar mañá, venres 19 de xuño, no exterior do Pavillón Municipal dos Remedios.
A actuación desenvolverase entre as 22:30 e as 00:00 horas, con entrada libre para o público.
Café Quijano actuará nas Festas de Ourense 2026
A programación musical da xornada continuará a partir da medianoite coa actuación da orquestra América, que ofrecerá un espectáculo na Praza de Concepción Arenal ata as 03:00 horas.

Café Quijano é unha das formacións máis recoñecibles da música española das últimas décadas. O grupo leonés, integrado polos irmáns Manuel, Óscar e Raúl Quijano, consolidou unha carreira marcada pola fusión de pop latino, rock, bolero e influencias hispanoamericanas.
Con máis de 25 anos de traxectoria e colaboracións con artistas internacionais como Celine Dion, Carlos Santana ou Joaquín Sabina, a banda chega a Ourense dentro da súa xira «Miami 1990 Tour 2026». O espectáculo propón unha viaxe polos temas que marcaron a súa carreira, combinando as cancións do seu último traballo discográfico cos grandes éxitos que os converteron nun referente da música en español.

