Noticias

Sherezade Núñez asume a Alcaldía de Vilamartín de Valdeorras

Sherezade Núñez Rodríguez tomou posesión este venres como nova alcaldesa de Vilamartín de Valdeorras nun pleno extraordinario celebrado na casa do concello.

A rexedora substitúe a Enrique Álvarez Barreiro e abre unha nova etapa marcada pola continuidade do proxecto socialista no municipio.

Sherezade Núñez asume a Alcaldía de Vilamartín de Valdeorras

No seu primeiro discurso, Núñez destacou a importancia de preservar a identidade, a historia e as tradicións da localidade, ao tempo que apostou por impulsar o desenvolvemento de todas as parroquias desde a proximidade e a unidade.

Sherezade Núñez asume a Alcaldía de Vilamartín de Valdeorras
Foto: PSdG

“Temos a obriga de traballar para que o futuro non esqueza o seu pasado e preserve a súa historia”, afirmou a nova alcaldesa, que tamén reivindicou o orgullo de pertenza a Vilamartín e o valor do rural.

Pola súa banda, o PSdeG-PSOE de Ourense valorou a súa chegada á Alcaldía como o inicio dunha etapa baseada no compromiso coa veciñanza, a cohesión social e o desenvolvemento sostible do municipio.

Botón volver arriba