O programa das Festas da Ponte 2026 despregará unha ampla oferta musical, escénica e festiva entre o 24 e o 26 de xullo no emblemático barrio ourensán.
O cartel das festas aposta polo gran formato e inclúe actuacións de formacións de primeiro nivel como Combo Dominicano, La Misión e París de Noia, xunto á prestixiosa discoteca móbil A Gramola.
Festas da Ponte 2026: consulta o programa completo de actividades
A programación arrancará o venres 24 de xullo coa compañía de Pablo Méndez, que levará ao Parque Ribeira de Canedo o seu espectáculo de rúa Quimera. A xornada completaráse coa música da orquestra Combo Dominicano na Avenida de Santiago.
O sábado 25 de xullo centrará a súa proposta na maxia e na tradición. O ilusionista Pedro Volta renderá unha homenaxe a Harry Houdini na Ponte Romana, enclave que tamén acollerá os tradicionais fogos artificiais. A orquestra La Misión e os DJs de A Gramola porán o ritmo á noite ponteira.
O peche do cartel festivo chegará o domingo 26 de xullo da man de París de Noia, encargada de poñer o broche final a tres días de celebracións organizadas polo Concello de Ourense.
Horarios da programación das Festas da Ponte 2026
Venres, 24 de xullo
- 22:15 h: Quimera, espectáculo de rúa de Pablo Méndez (Parque Ribeira de Canedo).
- 23:30 h: Orquestra Combo Dominicano (Avenida de Santiago).
Sábado, 25 de xullo
- 22:00 h: Pedro Volta: Homenaxe a Houdini (Ponte Romana).
- 22:45 h – 23:45 h e 00:15 h – 02:15 h: Orquestra La Misión (Avenida de Santiago).
- 23:59 h: Fogos artificiais (Ponte Romana).
- 00:15 h – 03:15 h: A Gramola Sesión DJ’s (Rúa Vicente Risco).
Domingo, 26 de xullo
- 21:00 h – 00:00 h: Orquestra París de Noia (Avenida de Santiago).


