Noticias

Peche ao tráfico no cruzamento do Seminario por obras durante un mes

O cruzamento da rúa do Seminario coas rúas do Entroido e Bispo Muñoz de la Cueva permanecerá pechado ao tráfico desde o mércores, 29 de xullo, debido ás obras de reparación da estrada do Seminario que está a executar a Xunta de Galicia.

A restrición manterase durante aproximadamente un mes, segundo informou a Policía Local do Concello de Ourense.

Peche ao tráfico no cruzamento do Seminario por obras durante un mes

Co obxectivo de minimizar as afeccións á mobilidade, a Policía Local estableceu un dispositivo especial para garantir o acceso ás vivendas e aos garaxes da zona.

Peche ao tráfico no cruzamento do Seminario por obras durante un mes

Así, a rúa do Entroido e a rúa Arco da Vella permitirán a entrada e saída de vehículos pola propia rúa do Entroido, que quedará habilitada de forma provisional en dobre sentido de circulación.

Pola súa banda, os residentes na rúa Bispo Muñoz de la Cueva e nas vías paralelas deberán acceder e abandonar a zona unicamente a través da rúa do Choco.

Cambios nas liñas de autobús

As obras tamén obrigarán a modificar temporalmente o percorrido das liñas do autobús urbano que transitan pola zona.

Os vehículos realizarán o desvío de entrada pola avenida da Ribeira Sacra en dirección á rúa Vista Fermosa, onde efectuarán o cambio de sentido ao chegar á rúa do Seminario. Posteriormente, regresarán descendendo de novo por Vista Fermosa para incorporarse ao itinerario habitual.

Botón volver arriba