A N-120, na Avenida da Ribeira Sacra, contará con restricións de tráfico nocturnas este martes 25 e mércores 26 de agosto debido aos traballos de mellora e acondicionamento viario que executará o Ministerio de Fomento.
As actuacións afectarán ao tramo comprendido entre a rotonda de acceso ao centro da cidade, xunto á Ponte do Milenio, e a glorieta de acceso á rúa Pablo Iglesias, á altura da Cruz Vermella.
A N-120 terá restricións nocturnas por obras durante dous días
Os traballos desenvolveranse entre as 21:30 e as 07:00 horas do día seguinte. Durante este período non está previsto un corte total da circulación. O tráfico funcionará mediante un sistema de paso regulado e alternativo nos dous sentidos.

Porén, os vehículos procedentes da rúa Pablo Iglesias non poderán incorporarse á N-120 mentres se executen as obras.
A zona contará con sinalización provisional e balizamento dos desvíos para garantir a seguridade dos traballadores e dos usuarios da vía.
A Policía Local recomenda extremar a precaución, planificar os desprazamentos con antelación e respectar as indicacións dos axentes e do persoal de obra. O Concello agradece a colaboración da cidadanía ante as molestias temporais derivadas dos traballos.

