Noticias

Reabre ao tráfico a intersección de Bedoya e San Lázaro

O Concello de Ourense reabrirá ao tráfico o vindeiro luns, 7 de setembro, a intersección entre as rúas Bedoya, Parque de San Lázaro e Santo Domingo, unha vez rematados os traballos de mantemento e reparación do firme.

A reapertura producirase a partir das 11.00 horas, segundo informou o goberno municipal.

Reabre ao tráfico a intersección de Bedoya e San Lázaro

A actuación foi executada pola empresa Oreco Balgón SA e consistiu principalmente na reposición e fixación de varias pedras que se soltaran na zona, co obxectivo de garantir a seguridade viaria.

Reabre ao tráfico a intersección de Bedoya e San Lázaro
Foto: Concello de Ourense.

Os traballos derivan do proxecto de pavimentación en pedra e renovación das redes de servizos realizado no Parque de San Lázaro e nas rúas Xaquín Lorenzo, Bedoya —ata Valle Inclán— e Cardenal Quevedo —ata a avenida da Habana—.

Ao atoparse a obra inicial aínda dentro do seu período de garantía, foi a propia empresa adxudicataria a encargada de realizar estas reparacións.

Botón volver arriba