O Concello de Ourense organizará unha nova edición do Programa Nexos, unha iniciativa da Concellaría de Igualdade-CIMM dirixida a mulleres en situación de vulnerabilidade e vítimas de violencia de xénero.
O programa desenvolverase desde outubro ata mediados de xuño.
Ourense retoma o Programa Nexos para apoiar mulleres en situación de vulnerabilidade
A proposta busca crear un espazo de apoio e relación entre as participantes e a súa contorna social, incidindo nas áreas persoais, familiares e sociais que presenten maiores dificultades.

Cada mes abordarase unha temática diferente mediante obradoiros, charlas e sesións prácticas, con tres encontros mensuais os xoves, de 10:00 a 13:00 horas. Entre os contidos figuran a violencia de xénero, a experiencia vital das mulleres, a comunicación e a resolución de conflitos.
O programa contará tamén coa participación de profesionais especializadas en Terapia do Reencontro, Traballo Corporal e Técnicas de Relaxación, entre outras disciplinas. Cada grupo terá un máximo de 15 participantes.

