Noticias

A Audiencia Provincial desestima o recurso de Telmo Ucha contra Jácome

A Audiencia Provincial de Ourense desestimou o recurso de apelación presentado polo exconcelleiro Telmo Ucha contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Tamén rexeitou ampliar a investigación por posibles delitos de malversación de caudais públicos e falsidade documental.

A Audiencia Provincial desestima o recurso de Telmo Ucha contra Jácome

A resolución, ditada pola Sección Segunda da Audiencia Provincial, confirma o auto do 14 de abril de 2026 do Xulgado de Instrución número 1 do Tribunal de Instancia de Ourense, no marco das dilixencias previas 674/2025.

A Audiencia Provincial desestima o recurso de Telmo Ucha contra Jácome

Ucha pretendía que a investigación contra Jácome incorporase tamén os delitos de malversación e falsidade en documento público. O tribunal considera que esta petición non pode prosperar despois de que a propia Audiencia acordase o 26 de xuño de 2026 o sobresemento libre da causa contra o alcalde.

Nesa resolución, a Audiencia concluíu que non concorrían os elementos necesarios para apreciar un posible delito de prevaricación por omisión nos feitos denunciados. Agora, o tribunal sinala que esta decisión leva necesariamente ao rexeitamento do novo recurso, ao estar vinculados os posibles delitos de malversación e falsidade documental co delito de prevaricación que motivou inicialmente a querela.

A resolución establece ademais que non cabe recurso ordinario contra este auto, polo que a decisión é firme. As costas da segunda instancia decláranse de oficio.

Botón volver arriba