Eventos

MEABE regresa a Mugares cunha tarde dedicada ao Entroido

A Mostra Audiovisual do Entroido (MEABE) regresará o sábado 3 de outubro ao Centro de Interpretación do Entroido de Mugares, Toén.

A programación está dedicada a diferentes formas de representar e divulgar as tradicións do Entroido.

MEABE regresa a Mugares cunha tarde dedicada ao Entroido

A xornada comezará ás 16:30 h coa proxección de catro traballos: o documental La burra del Entroido de Tremor de Arriba, do Instituto de Estudios Bercianos; a curta documental O segredo do Fulión, de ANDAMAN Multimedia e Mirabelle Co.; a campaña publicitaria En Galicia somos de Entroido, de Aceites Abril, e o videoclip Namoreime de ti, do artista verinés Papaquino.

MEABE regresa a Mugares cunha tarde dedicada ao Entroido
Foto: AC Entroido de Mugares.

A actividade rematará cun tardeo con viño do Ribeiro e picoteo para o público asistente. A entrada será gratuíta.

A mostra está organizada pola Asociación Cultural Entroido de Mugares, coa colaboración do Concello de Toén, e preséntase como unha iniciativa centrada especificamente no audiovisual relacionado co Entroido e nas tradicións carnavalescas.

Botón volver arriba