Noticias

Avante Ourense reclama priorizar os Servizos Sociais fronte ao Parador

Avante Ourense cuestiona a proposta do goberno municipal de estudar a creación dun Parador na antiga prisión e na Casa de Baños e reclama priorizar as necesidades sociais da cidade.

O coordinador da formación, Francisco Diéguez, defende destinar a antiga prisión á ampliación do Albergue Municipal e á creación de novos espazos para os Servizos Sociais.

Avante Ourense reclama priorizar os Servizos Sociais fronte ao Parador

«Ourense necesita turismo, pero tamén necesita decidir cales son as súas prioridades», sinala Diéguez, que considera compatible impulsar o turismo e o termalismo con buscar outros emprazamentos para estas instalacións.

Avante Ourense reclama priorizar os Servizos Sociais fronte ao Parador

Avante Ourense pide ao Concello que estude formalmente esta alternativa antes de decidir o futuro da antiga prisión e que abra un debate sobre os usos públicos e sociais deste patrimonio municipal.

Botón volver arriba