Noticias

O BNG propón microespazos urbanos en solares da zona histórica

O BNG propón crear microespazos urbanos en solares baleiros da zona histórica de Ourense mentres os seus propietarios non os vendan ou urbanicen.

A iniciativa, que será debatida no Pleno municipal do 2 de outubro, baséase na sinatura de convenios entre o Concello e os titulares dos terreos.

O BNG propón microespazos urbanos en solares da zona histórica

O portavoz municipal e candidato nacionalista, Luís Seara, explica que o Concello podería asumir a limpeza e acondicionamento dos solares, así como instalar mobiliario urbano e iluminación. Esta iniciativa tería como obxectivo converter estes espazos en pequenos puntos de encontro veciñal, lecer e desenvolvemento de actividades.

O BNG propón microespazos urbanos en solares da zona histórica.
Foto: BNG.

A proposta, denominada urbanismo de mínimos, non implicaría a titularidade pública dos terreos. Segundo o BNG, cando a propiedade decida vender o solar ou construír nel, o Concello retiraría o mobiliario para permitir a execución da operación.

Seara sinala que este modelo xa se aplicou noutras cidades e considera que permitiría manter os solares libres de lixo e maleza, ademais de recuperar pequenos recunchos urbanos para a veciñanza.

O BNG vincula a iniciativa coa situación actual da zona histórica, que, segundo a formación nacionalista, sofre unha progresiva perda de poboación e o peche de establecementos comerciais. A formación considera que os solares abandonados e os edificios en estado de ruína ou deterioro contribúen á degradación do barrio e poden xerar riscos para a seguridade.

Botón volver arriba