Noticias

O PSOE propón integrar Ourense nos destinos turísticos intelixentes

O PSOE de Ourense propón que o Concello se integre no ecosistema de destinos turísticos intelixentes que se está desenvolvendo na provincia, aproveitando plataformas existentes e evitando duplicidades.

A moción, que será levada ao pleno de outubro, aposta por incorporar a información turística municipal ao proxecto Ourense Cerca DeTI, impulsado pola Deputación e financiado con fondos do Goberno de España.

O PSOE propón integrar Ourense nos destinos turísticos intelixentes

As socialistas reclaman tamén actualizar a información sobre as termas municipais, con datos sobre horarios, apertura, servizos, accesibilidade e incidencias.

O PSOE propón integrar Ourense nos destinos turísticos intelixentes

A proposta inclúe ademais a creación de Ourense en 24/48 horas. Este contaría con dous percorridos que conecten a estación do AVE co centro histórico, As Burgas, o termalismo, o Miño e a gastronomía.

A voceira socialista, Natalia González, defende “facer máis sinxelo visitar Ourense”. Solicita aproveitar as liñas de financiamento para a dixitalización turística, en coordinación coa Deputación, Xunta e Goberno de España.

Botón volver arriba