Noticias

Jácome permite a Daniel Rey volver ao goberno de Barbadás

O acordo entre Democracia Ourensana (DO), liderada por Gonzalo Pérez Jácome, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, permite o regreso de Daniel Rey ao goberno municipal, dez días despois da súa saída.

Rey recuperará a súa condición de tenente de alcalde e volverá participar de forma permanente no executivo local. A formación de Jácome sinala que o acordo permitirá ao Concello recuperar o seu funcionamento ordinario.

Jácome permite a Daniel Rey volver ao goberno de Barbadás

A cambio, Valcárcel comprométese a actuar de forma coordinada co grupo provincial de DO na Deputación de Ourense. Segundo a formación, o alcalde buscará consensos e, no caso de non existir acordo, non votará en contra de DO.

Jácome permite a Daniel Rey volver ao goberno de Barbadás.

DO asegura que o pacto devolve a Luis Menor á minoría na Deputación, con 12 dos 25 deputados provinciais.

A formación considera que os dez días de saída de Daniel Rey serviron para modificar a situación política tanto en Barbadás como na Deputación e alcanzar este novo acordo.

Botón volver arriba