O programa Merca e Degusta Barbadás 2026 dinamizará o comercio e a hostalaría local con unha completa xornada de descontos, música en directo, actividades infantís e o inicio do seu tradicional concurso de pinchos.
Esta iniciativa, promovida polo Concello de Barbadás, celebrará a súa gran xornada comercial o vindeiro 10 de outubro e manterá a súa ruta gastronómica ata o 17 de outubro.
Barbadás impulsa o comercio e a hostalaría local coa iniciativa «Merca e Degusta»

Descontos e horarios estendidos nos comercios
Durante o sábado 10 de outubro, os establecementos adheridos ofrecerán descontos, ofertas especiais e sorpresas para todas as persoas asistentes. Ademais, as tendas participantes manterán as súas portas abertas nun horario ampliado ata as 23:00 horas.

Entre os comercios participantes nesta campaña de apoio ao comercio de proximidade atópanse Golosiños Sweet, Electrodomésticos Novoera, Twins, Twins Men, Herbolario Gaia contigo, Elma, Donicela e Librería A Valenzá.
Animación infantil e concertos na rúa
A xornada do 10 de outubro contará cun amplo programa de actividades pensadas para tódolos públicos:
- 18:00 h – 21:00 h: Pintacaras e xogos infantís na Avda. de Celanova.
- 18:00 h: Contacontos na Librería A Valenzá.
- 19:00 h: Contacontos no herbolario Gaia Contigo.
- 20:00 h: Concerto de Tamara Pérez na Avda. de Celanova.
- 21:00 h: Concerto de Nuno Simoes no Parque dos Patos.
- 21:00 h: Música tradicional no pobo de Barbadás.
- 21:30 h: Concerto de Emilio Padrón na Avda. de Celanova.
- 23:00 h: Concerto de Miguel Cerqueira na Avda. de Celanova.
Concurso de pinchos «Degusta Barbadás»
De xeito paralelo, o 10 de outubro arrancará o concurso de pinchos, que se prolongará ata o 17 de outubro. A veñanza e visitantes que proben 3 pinchos e voten polo seu favorito poderán participar no sorteo de vales de 50 € para gastar nos comercios participantes.
Os hostaleiros e as creacións participantes nesta edición son:
- Bar Pepito: Paloma
- Alento: Tardiña da Valenzá
- Bar dos Patos: Marea dulce
- Galue Grill & Bar: Tumbarrancho
- Oren Express: Gofregoxo
- Bar Tarona: Pataca crocante con relleno de ají de galiña
- A Cova do Savio: Visan


