Noticias

As obras na N-525 entre Ourense e Rante durarán un mes

A N-525 entre Ourense e Rante estará en obras desde o martes 13 de outubro ata o 13 de novembro, cunha posible incidencia no tráfico e retencións nos accesos aos polígonos industriais.

Os traballos, impulsados polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, consisten na reparación e estabilización de noiros de desmonte danados polas sucesivas borrascas rexistradas na provincia.

As obras na N-525 entre Ourense e Rante durarán un mes

Ante as posibles dificultades para circular por este tramo, a Policía Local de Ourense recomenda evitar a N-525 e utilizar itinerarios alternativos, como a autovía A-52 ou a estrada de Trives.

As obras na N-525 entre Ourense e Rante durarán un mes

O Concello pide aos condutores que teñan en conta estas restricións á hora de planificar os seus desprazamentos, especialmente se se dirixen ás zonas industriais da contorna.

Botón volver arriba