O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, entregaron esta mañá as chaves dunha vivenda de alugueiro situada na Urbanización Villermá, que xa poderá ocupar a nova inquilina.
O inmoble conta con 90 metros cadrados, tres dormitorios, garaxe e rocho.
A Xunta entrega unha vivenda de alugueiro na Peroxa
A beneficiaria pagará unha renda mensual adaptada aos seus ingresos, segundo explicou Manuel Pardo durante a visita.

O delegado destacou que a Xunta axiliza os trámites para adxudicar as vivendas que quedan vacantes e lembrou que as persoas interesadas deben inscribirse no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, cuxo prazo permanece aberto durante todo o ano.
Ademais, Pardo recordou que continúan abertas dúas convocatorias de axudas: ata o 16 de novembro, os apoios para a compra ou autopromoción de vivendas destinados a menores de 36 anos en concellos de ata 10.000 habitantes; e ata o 30 de novembro, o prazo para solicitar o Bono de Alugueiro Social.

