Noticias

O BNG quere xestionar directamente os dispositivos de protección das mulleres

A candidata nacionalista por Ourense, Noa Presas, defende a xestión pública dos dispositivos telemáticos para evitar fallos de cobertura e situacións de revitimización.

O BNG propón que Galiza asuma a xestión pública e directa dos dispositivos de control telemático das vítimas de violencia machista, coa dotación de recursos suficientes para garantir o seu correcto funcionamento.

O BNG quere xestionar directamente os dispositivos de protección das mulleres

A cabeza de lista nacionalista por Ourense, Noa Presas, trasladou esta proposta nun encontro con mulleres celebrado na cidade, no que reclamou reforzar os servizos públicos de protección e corrixir os problemas de cobertura e as situacións de revitimización que se están producindo.

O BNG quere xestionar directamente os dispositivos de protección das mulleres
Foto: BNG

Presas advertiu do avance do machismo e defendeu que a resposta debe pasar por ampliar dereitos e reforzar as políticas de igualdade. «Non podemos permitir que os instrumentos que deben protexer as mulleres acaben xerándolles máis inseguridade», sinalou.

A candidata considerou que a protección das vítimas debe ser unha responsabilidade directa das administracións públicas e non quedar en mans de terceiros. Neste sentido, comprometeu a defensa no Congreso de políticas feministas ambiciosas.

Tamén reivindicou o papel do movemento feminista galego na conquista de dereitos e advertiu de que aínda quedan discriminacións e desigualdades por superar.

Botón volver arriba