A Agrupación Cultural Avantar organiza unha nova edición de outono de «Tasca e literatura», unha xuntanza cultural que combinará poesía, música e debate literario o vindeiro 22 de novembro no Carballiño.
O encontro celebrarase ás 12:30 h na Bodega de Flores e contará coa participación dos poetas Concha Rousia, Artur Alonso e Sonia Moral. A música correrá a cargo de Os Serandeiro.
Avantar reúne poesía, música e literatura no Carballiño
A iniciativa tamén incluirá un espazo de micro aberto, polo que as persoas asistentes poderán participar compartindo as súas propias creacións e achegas literarias.

Con esta proposta, Avantar busca crear un espazo de encontro arredor da palabra, a creación poética e a música, nun ambiente de intercambio cultural e participación.

