Noticias

Francisco Lorenzo critica o informe da Xunta sobre o PXOM

O Concello de Ourense analizará co equipo redactor o novo informe da Xunta de Galicia sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para estudar as alternativas que permitan continuar coa súa tramitación.

O concelleiro de Urbanismo, Francisco Lorenzo, criticou a postura da Administración autonómica e cualificou de «bloqueo» a súa decisión de emitir un informe desfavorable antes da aprobación definitiva do documento.

Francisco Lorenzo critica o informe da Xunta sobre o PXOM

Lorenzo considera que o informe debería ser favorable con condicións, como sucede noutras cidades galegas. Ademais, cuestionou os reparos da Axencia Galega de Infraestruturas e de Patrimonio Cultural, especialmente neste último caso, porque asegura que os técnicos de ambas administracións acordaran previamente os criterios nunha serie de reunións.

Francisco Lorenzo critica o informe da Xunta sobre o PXOM

O goberno local revisará agora o documento para determinar os seguintes pasos. O concelleiro advertiu de que, se continúa esta situación, Ourense estará obrigada a manter un plan urbanístico con 40 anos de antigüidade.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba