Noticias

Xogade reúne a máis de 15.000 escolares en Ourense

O programa Xogade contou con 15.186 escolares na provincia de Ourense durante a tempada 2025/2026.

O delegado da Xunta, Manuel Pardo, destacou a importancia de fomentar o deporte desde idades temperás durante a primeira xornada de campo a través, celebrada no Complexo Deportivo de Monterrei.

Xogade reúne a máis de 15.000 escolares en Ourense

As probas reuniron 1.052 estudantes de 17 centros educativos da Agrupación Deportiva Escolar As Burgas, nas categorías benxamín e alevín. Mañá celebrarase a segunda xornada para infantil e cadete.

Xogade reúne a máis de 15.000 escolares en Ourense
Foto: Delegación da Xunta.

O calendario continuará con probas zonais ata o Campionato Provincial, previsto para o 30 de xaneiro en Ribadavia.

Na pasada tempada, o campo a través rexistrou 6.119 participantes. Xogade ofrece actividades deportivas para escolares de entre 6 e 16 anos co obxectivo de combater o sedentarismo e promover hábitos saudables.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba