Noticias

A decoración de Nadal ten premio en Ribadavia

A decoración de Nadal nas vivendas e establecementos ten premio en Ribadavia mediante o concurso convocado polo concello.

O Nadal de 2022 trae unha vez máis o Concurso de Decoración de Nadal a Ribadavia para premiar os mellores traballos realizados polos veciños y os establecementos.

A decoración de Nadal ten premio en Ribadavia

Nas vivendas e establecementos, a ornamentación de Nadal pode afectar ás fachadas, xanelas ou balcóns e terán que cumprir a condición de ser visible dende a rúa. Esta decoración de Nadal estará exposta polo menos entre o 24 de decembro e o 6 de xaneiro para que o tribunal poida visitar, fotografar e valorar as propostas presentadas ó concurso.

No products found.

A inscrición no concurso realizarase a través de:

  • Sede electrónica do concello
  • e-mail: decoranadal@ribadavia.es
  • oficina do Rexistro do Concello
A decoración de Nadal ten premio en Ribadavia

Premios do Concurso de Decoración de Nadal

O Concurso de Decoración de Nadal entregará tres premios e tres accésit entre os mellores traballos ornamentais. Os premios serán entregados en cheques regalo que se poderán trocar no comercio local de Ribadavia.

  • 1º premio – 100€
  • 2º premio – 75€
  • 3º premio – 50€
  • 3 accésit de 25€ cada un.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba